As restrincións de tráfico, debido ás festas da Peregrina, comezarán esta noite en Pontevedra

Pontevedra. Todo listo para a celebración das Festas da Peregrina en Pontevedra. Dende esta noite comezará o operativo especial de restrición de tráfico para estas datas que se prolongará ata o 22 de agosto. Dende a Policía Local da cidade aconsellan utilizar os aparcamentos disuasorios para entrar na cidade,  e tamén o tramo da AP9 para cruzar da zona sur á norte da Boa Vila.

Dende as once desta noite comeza o operativo de tráfico especial debido á celebración das festas da Peregrina. Co cal dende esta noite quedarán pechadas ao tráfico a rúa Alameda e Raíña Victoria. Mañá será o día de máis tráfico debido o descoñecemento destas medidas por parte de moitos cidadáns.

Dende a Policía Local aconsellan utilizar durante este dispositivo os aparcamentos disuasorios da cidade e tamén o tramo da AP9 para cruzar de norte a sur na Boa Vila.

Unha restrición de tráfico que se desenvolverá ata pasadas as festas, ata o 22 de agosto.