VILAGARCIA> ABANCA e o Consorcio do Comercio do Salnés veñen de asinar o primeiro convenio de colaboración desde que a entidade financeira se refundou como tal. En virtude deste acordo, os comerciantes asociados disporán de novas liñas de creto e outras vantaxes.
Trala súa refundación como banco, ABANCA, comeza xa a asinar grandes convenios. O primeiro deles foi cos comerciantes do Salnés. En virtude deste acordo, os integrantes do Consorcio do Comercio do Salnés desfrutarán dun completo paquete de medidas financeiras e crediticias cos que relanzar o seu negocio. Con esta medida, ABANCA quere escenificar o seu compromiso con este sector terciario, vital para a economía galega. Os comerciantes do Salnés agradeceron de bó grao este novo convenio anual que fará posible que os autónomos e as pymes que integra poidan mellorar a súa economía. Unha vez que xa non pesa o xugo do FROB sobre esta entidade crediticia, ABANCA emprende unha nova etapa na que tamén promete apoio para as familias.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/04/consorcio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/04/camara_comercio_abanca.mp4{/flowplayer}