A parroquia e o concello de Cambados reuniranse para acordar a xestión de Santa Mariña

CAMBADOS> O párroco de Santa Mariña propón ao concello a xestión conxunta do cemiterios de Santa Mariña. O camposanto carece de mantemento e é o consistorio o que acaba asumindo esas funcións. O goberno local quere que o cemiterio en propiedade municipal pero a opción do arcebispado é a dunha concesión de 50 anos.

Os cemiterio de Santa Mariña presenta un estado moi descoidado. Ante a falla de atención e mantemento é o concello o que acaba asumido estas tarefas. O goberno local quere que o camposanto pase a ser de propiedade municipal e así encargarse do seu coidado. Unha proposta que rexeita o arcebispado aceptando só unha concesión por 50 anos.

Ante os desacordos, o párroco convoca unha reunión para domingo no auditorio da xuventude para informar á veciñanza da situación. A súa proposta é a de levar a cabo unha comisión conxunta para xestionar o cemiterio.

Na actualidade o cemiterio é propiedade da igrexa que, segundo o párroco, non pode facer fronte aos seus coidado. Deste xeito, o camposanto presentan moitas deficiencias.

O dereito sobre o cemiterio é necesario para que o concello poda levar a cabo determinadas obras ou traballos. Dende o goberno local están a estudar a concesión para poder acadar un acordo. Para o domingo xa anunciaron que asistirán á reunión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí