O SALNES> Concentración ás portas do Hospital do Salnés das traballadoras do servizo de limpeza. Reclaman u novo convenio que contemple subas salariais acorde ao IPC e unha redución da xornada. As negociacións coa patronal están estancadas, logo de dez reunións. Avanzan máis mobilizacións. A próxima, o día 21 diante da confederación de empresarios en Vigo.
Ducias de traballadoras dos servizos de limpeza acudiron esta mañá á chamada da CIG, CCOO e UXT. Concentráronse ás portas do Hospital do Salnés reclamando un novo convenio.
Pero as negoaciacións coa patronal están estancadas. Ofrécenlles unha suba salarias do 2,6 por tres anos.
Os sindicatos lamentan a falta de vontade por parte empresa Clece. Levan xa dez reunións dende novembro, sen achegamento.
Ante a falta de avances, poñen sobre a mesa novas concentracións.
A próxima reunión da mesa de negoación será a finais deste mes, o día 27. Se daquela non se producen novidades, valorarán acabar recorrendo á folga.











