Setenta desempregados do Barbanza formaranse en catro obradoiros

    BARBANZA> A comarca do Barbanza contará con catro obradoiros de emprego que ofertarán setenta prazas formativas. Para o seu desenvolvemento, a Consellería de Economía achegará máis de oitocentos mil euros. Setenta persoas desempregadas da comarca do Barbanza terán ocasión de formarse profesionalmente no marco dos catro obradoiros de emprego con que contará a bisbarra. Ribeira e Porto do Son volverán colaborar na organización dun obradoiro conxunto con módulos de carpintería e conservación e coidado de montes. Tamén a cooperación entre os concellos de Mazaricos, Dumbría e Santa Comba permitirá poñer en marcha os módulos de xardinería e turismo. . Estes dous obradoiros contarán cun investimento de douscentos oitenta mil euros cada un ofertarán corenta prazas. Comezarán en setembro e se prolongarán durante nove meses, fronte ós seis que viñan durando os obradoiros xerais. Os outros dous obradoiros previstos na comarca enmárcase no Sistema de Garantía Xuvenil polo que van dirixidos a menores de trinta anos. O primeiro correrá a cargo dos concellos de Muros e Carnota e formará a quince mozos no nas especialidades de limpeza en espazos abertos e instalacións industriais, e atención sociosanitaria a persoas no domicilio. O segundo está promovido por Boiro e oferta a especialidade de operacións básicas de cociña. Cada un destes talleres contará con quince prazas e unha achega económica de cento corenta mil euros. Unha vez resolta a convocatoria procederase á selección dos participantes por parte das oficinas de emprego. Terán preferencia os beneficiarios da Risga, as mulleres vítimas de violencia de xénero, parados de longa duración, menores de trinta anos e maiores de corenta e cinco, persoas sen titulación superior ou persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.