O BNG pide medidas urxentes para dar resposta á crise humanitaria en Oriente Medio

    BOIRO> Os nacionalistas propoñen, entre outras propostas, que o concello habilite as antigas vivendas dos mestres para dar acubillo ós refuxiados. Para o BNG de Boiro, o concello non pode mirar para outro lado no drama humanitario que está a sufrir Europa a consecuencia do conflito que se vive en Oriente Medio. Aínda que non é un problema que poida resolverse dende a Administración Local, consideran que dende esta si poden realizarse diversas accións encamiñadas a dar resposta urxente ós refuxiados. O BNG propón entre outras medidas que se habiliten as antigas vivendas dos mestres para dar acubillo a estas persoas.