Maria José Rubio ratifica a rehabilitación do Hospital de Montecelo

    rubio_conselleira100_060907_001.jpgPONTEVEDRA > A conselleira de Sanidade, María José Rubio , reuniuse hoxe co alcalde de Pontevedra

    …Miguel Anxo Fernández para ratifica-lo novo proxecto do complexo hospitalario de Montecelo. As obras comezarán no 2008. Con esta rehabilitación espéranse melloras de servicios técnico e de persoal. A conselleira tamén criticou a postura alternativa do PP de construír un novo hospital.

    A conselleira chegaba a media mañá a casa consistorial de Pontevedra onde foi recibida polo alcalde. Despois da reunión distendida, María José Rubio mostrouse ilusionada con este proxecto que permitirá mellora-los servizos hospitalarios para os cidadáns.

    Na Rolda de presa que outorgou, a Conselleira engadiu que a nova estructura presentará unha distribución idónea para facer do complexo de Montecelo un hospital integrado e de futuro con posibilidades de ampliarse pola súa cubicación. Rubio tamén criticou o Partido Popular pola súa proposta de facer un novo hospital en Pontevedra, segundo a Conselleira carece de solidez e coherencia

     VISITA INESPERADA

    Aproveitando a visita da conselleira de sanidade á cidade de Pontevedra, 15 traballadores de Ambulancias e varios membros da CIGA manifestáronse as portas do concello para facer as súas reivindicacións á concelleira. Protestas que pasan por facerse un oco entre as decisións importantes que se toman na sanidade pública.

    Hoxe non foi unha visita normal, xa que á súa chegada a conselleira de Sanidade, María José Rubio tamén foi recibida por varios traballadores de ambulancias que querían presentarlles as súas reivindicacións como por exemplo, que os sindicatos sexan tidos en conta cando se tramitan as concesións para a sanidade pública, tales como a mellora de servizos.

    Os traballadores quéixanse que as súas funcións extra limítanse, tendo que facer o traballo que lle correspondería a outro cargo. Tamén as prestacións de servizos é outro dos puntos importantes da protesta, xa que só se amplía no Salnés o servizo de UVI móbil no verán, mentres que no inverno a única UVI móbil que subministra á nosa comarca é a de Pontevedra, por iso reclaman unha unidade permanente todo ano na base do Salnés.

    Á saída, a Conselleira achegouse os traballadores para tentar chegar a un acordo, que finalmente non chegou a bo porto

    Redacción Salnés