![]()
LOUSAME> O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo clausurou o obradoiro, cun acto de entrega de diplomas e coa visita ó poboado mineiro.
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo clausurou o obradoiro de emprego de Lousame, cun acto de entrega de diplomas e coa visita ó poboado mineiro de San Fins que foi rehabilitado en parte polos participantes nesta iniciativa.
Na posta en marcha desta acción formativa a Consellería de Traballo investiu preto de cincocentos mil euros.
{flowplayer}barbanza/clausuraobradoirominaslousame.flv{/flowplayer}
O delegado territorial, o alcalde de Lousame, Santiago Freire e a concelleira de Educación, María José Maroñas foron os encargados de entregar os diplomas ós 23 participantes, que se formaron durante máis dun ano nas especialidades de albanelería e cantería.
A Xunta de Galicia concedeu en 2010 dous cursos de formación ó concello de Lousame que contaron cun ornamento de ao redor de sesenta mil euros e dos que se beneficiaron trinta desempregados do municipio.
Sala de compresores
As autoridades visitaron o poboado mineiro de San Finx, que foi rehabilitado e urbanizado en parte grazas ó labor desenvolvido por estes alumnos. De momento, xa están restaurados os inmobles dos antigos talleres e da sala de compresores. Asemade, a antiga escola, onte tivo lugar o acto de clausura do obradoiro de emprego, xa funciona como centro de interpretación.
Con todo, o alcalde Santiago Freire xa anunciou que solicitará outro obradoiro para completar os traballos no poboado, no museo e no contorno deste complexo mineiro de wolframio.
Redacción Barbanza








