Rianxo acollerá un curso de urbanismo e rehabilitación

    RIANXO> ‘A construción do territorio. Estratexias de rehabilitación” desenvolverase do 14 ó 18 de xullo.

    A vindeira semana, Rianxo será anfitrioa dun curso sobre urbanismo e rehabilitación levado a cabo pola Universidade da Coruña. Analizarase a construción do territorio tendo en conta os factores que influíron nesta composición, como medios tecnolóxicos ou as aspiracións da sociedade que alí convive. Ademais trataranse as estratexias de rehabilitación, nunha vila que aposta forte por ela, como dixo o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños. Polas mañás haberá charlas con diversos poñentes e as tardes dedicaranse a traballo de campo, analizando o entorno de Rianxo, Taragoña ou Brión, para poñer en valor o noso territorio. Aínda que este curso é idóneo para o alumnado de arquitectura, enxeñerías ou socioloxía, pode apuntarse calquera outro interesado, xa que o prazo está aberto ata este venres. O custe da actividade será de 80 euros e 50 para estudantes e profesionais destes ámbitos. Polo momento esperase que a participación chegue ós 20 inscritos polo que o tenente de alcalde, Carlos Gey, xa valora realizar máis actividades nesta área.