O Fiscal abre á porta a tres anos e medio de condea polo crime de Guillán

PONTEVEDRA> O fraticidio de Guillán podería saldarse cunha condena de tres anos, seis meses e un día de prisión para o único acusado; Santiago Gómez Lorenzo. Alomenos esta é a nova postura que asume a Fiscalía ó entender que podería tratarse dun delicto de lesións con resultado de homicidio imprudente.

O xuízo polo crime de Guillán celebrou hoxe a súa última vista na que a Fiscalía e os avogados da defensa e acusación presentaron as súas conclusións. Namentres os avogados continuaron cas súas peticións de libre absolución a defensa; contra 20 anos de cadea por asasinato da acusación; o fiscal sorprendentemente presentou unha calificación alternativa á súa petición dos 10 anos de cadea por homicidio. O fiscal xefe Juan Carlos Aladro prantexa agora a posibilidade de que se tratase dun delicto doloso de lesións en concurso con homicidio imprudente. Pide para este delicto unha pena de tres anos, seis meses e un día de prisión, ó entender que o ánimo do acusado, Santiago Gómez Lorenzo, era ferir ó seu irmán, se ben foi a evolución posterior da ferida a que produciu a morte. Agora será o xurado popular o que teña que decidir sobre o tipo de delicto que cometeu Santiago Gómez o 19 de setembro de 2012 na localidade de Guillán, cando tras unha liorta e logo de arroxar un spray nos ollos de seu irmán Alfonso; acabou por disparar a súa escopeta alcanzando ó agora finado nunha perna ata derivar na súa morte.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/09/xuizo_guillan.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/09/xuizo_crime_guillan_090714.mp4{/flowplayer}