55 concellos da provincia contarán banda larga

    banda_larga100.jpgPONTEVEDRA> Acceso a internet de calidade. Este é o obxectivo do Plan de Banda Larga da Xunta e do proxecto Repoblar, da Deputación.

    {flowplayer}images/salnes/banda_larga.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Acceso a internet de calidade. Este é o obxectivo do Plan de Banda Larga da Xunta e do proxecto Repoblar, da Deputación de Pontevedra.

    O organismo provincial estenderá redes sen fíos das que se beneficiará o 96 por cento da poboación de 55 concellos ó longo deste ano. E a Xunta investirá máis de 47 millóns de euros para proporcionar acceso á banda larga a máis do 96 por cento da poboación de toda a provincia, a través de redes fixa, sen fíos e NGA’s e mediante satélite ó 3 por cento restante.

    Actualmente, un 21 por cento dos habitantes da provincia de Pontevedra non dispoñen de acceso a unha rede de calidade. A través desta suma de esforzos das administración, achegarase este servizo tamén ás zonas de sombra. A Deputación de Pontevedra conta para financiar o seu proxecto cos fondos FEDER da Unión Europea. Rafael Louzán espera que se poida comezar a dar o servizo a partir do 1 de xullo.

    Redacción Salnés