RIBEIRA> A construción do paseo marítimo entre as praias de Coroso e Río Azor que se iniciou a finais do pasado febreiro está a entrar na recta final, despois de que esta semana comezase a creación do tramo máis próximo ó último deste areais. Operarios da firma Eulogio Viñal Obras y Construcciones, empresa que executa as obras, están a empregar un novidoso pavimento continuo terrizo, que se caracteriza por posuír un carácter resistente ó tempo que conserva un aspecto natural que o integra coa paisaxe e o contorno natural. O tramo terá unha lonxitude de 160 metros e complementarase con pequenas pasarelas de madeira co fin de facilitar o acceso ó areal e unha pequena ponte de granito para atravesar o río Azor. Dende o executivo ribeirense confíase en que os traballos de construción estean rematados antes do prazo previsto. A actuación supuxo un investimento de máis de 205 mil euros.
Inicio Barbanza - Muros - Noia







