O náutico boirense presume de dúas novas insignias

    BOIRO> O Náutico Marina de Cabo de Cruz foi galardoada coa bandeira azul e coa bandeira Q de calidade.

    A pesar da corta traxectoria deste espazo recreativo, o náutico do municipio pode presumir de instalacións, de seguridade, de calidade de augas ou da xestión ambiental que desenvolve. Un ano máis os mastros locen a bandeira azul e a Q de calidade, potenciando a imaxe do turismo náutico boirense. O alcalde, Xoán Xosé Dieste, mostrou o seu orgullo por situar a Boiro a nivel nacional e internacional. O presidente do Náutico Marina Cabo de Cruz e o presidente de Portos de Galicia salientaron o traballo desenvolvido na entidade. Durán fixo fincapé na necesidade de continuar por este camiño para seguir acadando recoñecementos no futuro. Ás dúas bandeiras, izadas hoxe, súmanse a outras seis bandeiras azuis en areais, tres Q de calidade, así como a incorporación do centro social de Boiro ós centros azuis e tamén a adhesión do sendeiro litoral ós sendeiros azuis. Recoñecementos todos eles que mostran o compromiso do goberno local no que respecta á calidade de augas, saneamento, coidado de praias e turismo. Para elo foi necesario investir un 10% máis que en anos anteriores.