Mais de 450 veciños protestan pola falla de aparcadoiro en Cambados

    CAMBADOS> Se fai uns días eran os comerciantes de Cambados os que protestaban pola falla de aparcadoiros neste Concello, agora son os veciños os que protestan polas multas que lles está a impor a policía local cando aparcan en determinadas rúas como é a Borrón. Hoxe entregaron 450 sinaturas de protesta no Consistorio.

    Os veciños de rúas como o Borrón, Isabel II, Castriño, Lugo no casco urbán de Cambados están fartos de ser multados nos últimos días por aparcar nos lugares onde sempre o fixeran ate o de agora. A algún entrar uns minutos a comprar no comercio local sáelle por 200 euros, que é a cuantía da multa por deixar o coche estacionado en lugares coma este. Por elo, piden explicacións ó Alcalde e á Policía Local. Estes afectados presentaron hoxe un escrito de protesta no Concello acompañado da sinatura de 450 veciños da zona. Queren que o Alcalde os reciba para que lles explique se poden ou non aparcar onde sempre, e en caso negativo, que lle dea algunha alternativa de aparcadoiro. A contestación do Alcalde cambadés, Luís Aragunde, non se fixo agardar. O luns terá unha reunión cos afectados e a partires de aí acometerán de inmediato os cambios precisos. Entre as posibles solucións nalgunhas rúas pasaría por habilitar zonas azuis de aparcadoiro limitado pero de balde.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/10/sinaturas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/10/queixas_aparcamentos_cambados.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí