O PP de Noia súmase ó descontento veciñal

    NOIA> Nesta ocasión cualifican de despilfarro e improvisación a xestión que o goberno tripartito está executando na emblemática rúa do Curro.

    As obras da rúa do Curro continúan xerando malestar entre numerosos veciños e comerciantes da zona. Xa vimos que se concentraron en numerosas ocasións para mostrar a súa desconformidade ante o “lavado de cara” que está xerando o goberno do tripartito neste céntrico punto. O Partido Popular de Noia súmase ó rexeitamento e cualifica de improvisación as modificacións que están executando cada día, como a eliminación da zona de carga e descarga ou o cambio de lousas sen estar feita sequera a inauguración. Os veciños quéixanse dos materiais empregados nesta obra. Aseguran preferir a pedra de antes que os prefabricados que se están a instalar, que non concordan co casco histórico. Os populares tamén critican que a falta de planificación está levando a un despilfarro extremo de cartos. A veciñanza xa recolleu firmas para mostrar a súa oposición, pero din os populares que o goberno local desoe as peticións que lle fan.