A crise do coronavirus acarrea perdas importantes para o sector do cámping

POBRA> Xunto coa hostalería e a restauración, o sector do camping é tamén un dos sectores máis afectados pola crise do coronavirus. Rexistra un cen por cen de perdas co peche das súas instalacións, nunha época ademais importante de negocio, como é a da Semana Santa. Aínda así dende o sector son optimistas e agardan unha recuperación cara o mes de xuño que permita salvar o verán.

Portal pechado a cal e canto, cun letreiro á entrada no que se informa de que as instalacións permacerán pechadas con motivo do estado de alarma pola expansión do coronavirus. O cámping Ría de Arosa, situado a carón da praia de Lombiña-Cabío, na Pobra do Caramiñal, debería estar a estas alturas cunha carga importante de traballo, á falla de apenas poucos días para a Semana Santa. Unha época do ano cun volumen de negocio alto. Pero a realidade é outra…O mesmo acontece coas instalacións da mesma empresa situadas en Oleiros, no concello de Ribeira, nas que a actividade permanece tamén paralizada.

Os seus nove empregados están agora na súa casa disfrutando de quince días de vacacións, despois de que a empresa chegara a un acordo con eles. O que acontecerá despois é aínda unha incógnita sen descartar un posible expediente de regulación temporal de emprego.

Aínda así mantéñense esperanzados en que a situación remita para poder salvar en parte a tempada de verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí