Mar sinala que os cambios no regulamento europeo de control son insuficientes

BARBANZA> A conselleira do Mar, Rosa Quintana, considera que as modificacións recollidas no proxecto de regulamento europeo de control da pesca son insuficientes. Facía nestas declaracións tralo Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea celebrado en Bruxelas. Segundo ela os cambios son ademais pouco aclaratorios, complicando en gran medida o traballo diario da flota pesqueira artesanal e do marisqueo a pé.

O Consello de Ministros tamén serviu para analizar o proceso de fixación das posibilidades de pesca en augas comunitarias para 2022, un asunto no que a conselleira do Mar apostou pola necesidade de que haxa un equilibrio entre os aspectos medioambientais, económicos e sociais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí