Sete novos cursos para a ¿última? edición do ILES

PONTEVEDRA> Pontevedra ampliará ata final de ano o programa local de emprego social. A última oportunidade de ofrecer formación e unha vía de integración laboral a cidadáns do municipio xa que a partir do ano que vén non saben qué pasará coa iniciativa. Segundo a concelleira Carlota Román, a reforma da administración local retíralle este tipo de competencias ós municipios e desde a Xunta, di a edil, a axuda que están a recibir en fomento do emprego é case nula. A xunta de goberno local de Pontevedra aprobou esta mañá as bases reguladoras da última edición do ILES, a Iniciativa Local de Emprego Social. O executivo conseguiu que o Ministerio de Facenda lle concedera unha prórroga para alongar o programa co que 105 persoas se poderán formar en sete cursos que comezarán o oito de setembro. Serán de Auxiliar de Xeriatría, Monitor de Natación Sincronizada, Monitor de Actividades Acuáticas para persoas dependentes, Atención Especializada a Enfermos de Alzheimer, Atención á Infancia, Camareiro de Pisos e Atención Sociosanitaria a persoas a domicilio. En agosto terán lugar as entrevistas presenciais ós candidatos preseleccionados polos Servizos Públicos de Emprego, tres por praza. Cada curso terá un aforo máximo de quince alumnos e daráselle prioridade ós empadroados no concello de Pontevedra, mulleres, menores de 30 anos e maiores de 45, colectivos especiais, demandantes de primeiro emprego, parados de longa duración e aqueles que non participaran en programas anteriores do ILES. Segundo Carlota Román, os cursos do ILES logran unha inserción laboral dos participantes do 50 por cento. Un motor de emprego que podería rematar este ano. A molestia de Carlota Román esténdese á Xunta, da que di ten moi pouco en conta ó concello de Pontevedra no que a asignación de recursos para o emprego se refire. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/14/PROXECTOILES.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/14/PROXECTO_ILES.mp4{/flowplayer}