Nervios e normalidade na primeira xornada da ABAU en Pontevedra

PONTEVEDRA> Xa están en marcha os exámenes da Abau, a antiga selectividade. 13.200 alumnos en toda Galicia e 1221 en Pontevedra enfróntanse dende hoxe e ata o xoves ás probas que determinarán a nota coa que poderán escoller que estudar nos vindeiros anos. Unha cita que no campus de Pontevedra transcorreu con normalidade.

A hora da verdade, cando menos para 13.200 alumnos galegos de segundo de bacharelato, chegou hoxe ás 10 da mañá. A esa hora recibían o primeiro dos exames da coñecida como ABAU, Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade, a antiga selectividade.

Historia de España foi a materia coa que romperon o xeo. Tiveron que escoller entre Revolución Gloriosa, Franquismo ou Revolución Agraria Liberal, buscando sempre o mellor tema para locer os coñecementos adquiridos durante o curso.

As probas seguirán ata o xoves. Os resultados suporán o 40% da nota media dos rapaces e rapazas, que determinará que poderán escoller para seguir os seus estudos nos vindeiros anos.

Ás rigorosas medidas para evitar que se copie, súmanse as establecidas para previr calquera posible contaxio covid. Así as cousas, a primeira xornada transcorreu sen sobresaltos: con moitos nervios pero con normalidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí