SOS Sanidade Pública mobilízase para reclamar a recuperación da presencialidade en atención primaria

PONTEVEDRA> Recuperar a atención presencial en atención primaria. Esta é a principal demanda de SOS Sanidade Pública. A plataforma anunciou hoxe que retoman as mobilizacións esta mesma semana. Será con concentracións en varios concellos galegos o mércores. A de Pontevedra seá na Praza da Peregrina ás 8 da tarde.

SOS Sanidade Pública retoma as mobilizacións. Farao este mércores ás 8 da tarde na praza da Peregrina, en Pontevedra, pero outros concellos galegos replicarán a concentración. Fan un chamamento á poboación para reclamar que se recupere a atención presencial nos centros de saúde.

Outras das súas demandas son a maior axilidade e transparencia na xestión das vacinas contra a covid19 e a contratación de persoal para reducir as listaxes de agarda na sanidade pública. Aseguran que a día de hoxe hai unhas 230.000 persoas agardando algunha intervención ou proba.

Desbotan, ademais, dúas prácticas da administración autonómica. Por unha banda, derivar aos pacientes aos centros privados. Pola outra, a concepción de todos os hospitais públicos como un único.

Dende a plataforma animan á cidadanía a asistir ás concentracións deste mércores. Insistindo ademais en que se cumprirán todas as medidas anticovid.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí