A andaina solidaria de Rianxo recada máis de 15 mil euros en favor de ASANOG

RIANXO> Máis de 15 mil euros. Esta foi a contía recadada na andaina solidaria organizada polo concello de Rianxo en beneficio da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia.

Fixérono posible os 800 participantes que ás dez e media da mañá do sábado partían da praza Castelao para percorrer calquera das dúas distancias: unha de 4 quilómetros e outra máis extensa de 10.

Tamén se rexistraron numerosos donativos a través da fila 0, o que posibilitou superar sobradamente a recadación do pasado ano. Tódolos fondos doaranse integramente a ASANOG co obxectivo de axudar ós nenos con cancro e ás súas familias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí