Baixada das capturas no reinicio da campaña do polbo

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/22/balancecampanapolbo2207141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/22/balancecampanapolbo220714.mp4{/flowplayer} BARBANZA> A pesar de que os resultados non están a ser os agardados, o sector agarda unha mellora dos resultados nos vindeiros meses. Os profesionais do polbo están a acusar un pequeno descenso no número de capturas na volta a actividade despois da veda dun mes levada a cabo o pasado mes de xuño. Segundo o patrón maior de Ribeira, Xosé Antonio Pérez, non é demasiado preocupante, agardando a que co paso dos meses vaia mellorando. Os cupos seguen a ser de 35 quilos por tripulante e o prezo en lonxa vai dende os 3’90 euros, o máis barato, ós 6’50, o máis caro. Dende a confraría ribeirense considérase que o Plan de Explotación do Polbo posto en marcha pola consellería de Medio Rural e do Mar o pasado ano está a dar os froitos agardados, xa que se está a traballar coas medidas solicitadas polo propio sector. Dende a Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia, Asoar Armega, fixéronse eco tamén da caída do número de capturas de polbo. Os membros deste colectivo son máis alarmantes, mostráronse convencidos de que é necesario poñer en marcha un plan urxente de recuperación, xa que segundo eles esta tendencia pode levar a desaparición da especie, ó supoñer un 52% menos de capturas nos primeiros quince días de campaña.