Trenor expón ás asociacións de veciños de Noia as axudas do Plan de Acción Comunitaria

NOIA> O delegado territorial da Xunta na Coruña mantivo esta mañá un encontro con representantes de nove asociacións de veciños de Noia. O obxectivo da xuntanza era informarlles sobre as axudas que vén de convocar a Xunta para que as entidades veciñais poidan mellorar os seus equipamentos e locais sociais.

Representantes de nove asociacións de veciños de Noia participaron na xuntanza co delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña para coñecer os detalles da orde de axudas dirixidas a estas entidade. A Xunta vén convocando dende hai varios anos esta liña de subvencións encamiñadas a mellorar os equipamentos e adaptar os locais sociais ás necesidades que ven xurdindo.

O concello foi o encargado de convocar ós representantes do tecido asociativo para que puideran estar informados desta orde de axudas no que respecta a prazos, contías e requisitos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí