Boiro ruxirá coa nova concentración moteira

    BOIRO> Desde a organización convidan ó público en xeral a achegarse para coñecer máis acerca desta paixón.

    Espérase que centos de motos tomen as rúas boirenses e unan os seus ruxidos para goce dos apaixonados das dúas rodas. Desde mañá, mércores 24, haberá numerosas actividades para tódolos públicos ademais das propiamente moteiras: Inchables, cursos de educación viaria ou carreiras de sacos para os nenos e discoteca móbil ou un show erótico serán algunhas das opcións do público adulto. Boiromotos retomou as concentracións no ano 2008 e co paso dos anos veuse consolidando cunha gran afluencia de xente. No 2013 tivo que suspenderse a raíz da traxedia de Angrois e por iso este ano os moteiros veñen con máis ganas que nunca. Mañá realizarán unha homenaxe as vítimas do accidente ferroviario, así como ós moteiros falecidos, cun minuto de silencio e bengalas. Desde o concello quixeron destacar o que significan estes eventos para a economía boirense. Espéranse moteros de diversos puntos da xeografía española. Tamén son habituais participantes de Portugal e Francia.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/23/presentacionconcentracionmoteiraboiro2307141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/23/presentacionconcentracionmoteiraboiro230714.mp4{/flowplayer}