Rueda anuncia que o Congreso do PP de Pontevedra será antes de que finalice o ano

Pontevedra> O presidente do PP de Pontevedra ofreceu esta mañá un almorzo informativo para analizar distintos puntos de actualidade provincial. Rueda considera que a cidade do Lérez nunca recibira tanta inversión por parte da Xunta como nos últimos anos con eses 170 millóns de euros destinados a obras tan importantes como o Gran Montecelo ou o novo edificio xudicial. En relación ao Congreso do PP en Pontevedra o presidente deste partido dixo que será antes de finais de ano. O presidente do PP en Pontevedra, e actual presidente da Xunta en funcións ofreceu esta mañá un almorzo informativo. Sobre a mesa diferentes asuntos. O primeiro, o alto investimento que nos últimos anos realizou a Xunta en Pontevedra, en proxectos como o Gran Montecelo do que agarda que esté rematado a finais do 2020 comezos do 2021. O novo edificio xudicial da Parda, listo para finais deste ano, a variante de Alba da que dixo que comezarán os traballos neste 2017 ou a estación de autobuses da que espera ter o proxecto definido este ano e licitar a obra no vindeiro 2018. Será unha obra máis complexa da que eles tiñan pensado xa que o concello pide crear un espazo de intermodalidade unindo a estación do Tren a a de autobuses. O futuro do Pazo de Lourizán volveu a saír a palestra… Rueda segue sen entender por qué a deputación non acepta o investimento da empresa ENCE, e sabe que ao non contar con eses cartos entre unha administración e outra o Pazo seguirá na mesa situación. En relación ao Congreso do PP en Pontevedra Rueda adiantou que será antes de que finalice este ano. No tocante á deputación. Jacobo Moreira non exercerá de voceiro nesta entidade xa que entrou como deputado no Parlamento, así que será no mes de xuño cando o Partido Popular informe de como quedará finalmente a organización do PP na Deputación para o que resta de lexislatura. En relación a volta ao traballo trala recente paternidade de Alberto Núñez Feijóo Rueda dixo que case con toda probabilidade estará no pleno este mércores na sesión de control do Parlamento. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/20/almorzo_rueda_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/20/almorzo_rueda.mp4{/flowplayer}