PONTEVEDRA> O PP fixo balance esta mañá dos resultados electorais acadados en Pontevedra. O fixo tras coñecer o reconto do voto emigrante. Alfonso Rueda mostrou a súa satisfacción ao acadar 11 deputados pola provincia e destacou o traballo realizado pola Xunta para garantir unhas votacións seguras.
Satisfacción no Partido Popular de Pontevedra tras obter finalmente o voto emigrante. Con el, os populares recuperaron o seu undécimo deputado pola provincia, facendo que Feijóo conseguise o seu mellor resultado das súas catro maiorías absolutas.
Nestas eleccións, o PP conseguiu vencer en 57 dos 61 concellos da provincia, situándose como primeira forza en todos os municipios de máis de 20.000 habitantes. Nun dos lugares onde os populares non acadaron os resultados esperados foi en Soutomaior.
Alfonso Rueda agradeceu a toda a cidadanía a gran participación nestas eleccións e destacou o traballo realizado pola Xunta de Galicia para garantir unhas votacións seguras.
Co obxectivo de analizar máis polo miúdo os resultados electorais, o PP celebrará esta mesma semana unha xunta directiva provincial. Na reunión estará presente Alberto Núñez Feijóo.