A centola e o camarón serán os protagonistas nas mesas do Nadal

PONTEVEDRA> Queda menos dun mes para o Nadal e xa imos pensando nos grandes banquetes. Nas Rías Baixas o menú témolo claro: o marisco no poder faltar. Pero, ¿Somos igual de previsores á hora de escoller cando mercar o produto?

Acercámonos ó mercado de abastos de Pontevedra para ver se xa se nota o ambiente de Nadal. O que si está claro é cales van ser os protagonistas sobre o mantel.

Sabendo o menú, adiantar a compra pode resultarnos ben beneficioso. E seguro que os nosos convidados non notarán a diferenza.

Aínda así hai quen prefire agardar ás vésperas. Sexan previsores ou de última hora, na praza estaranos agardando co produto preparado.