Andy e Lucas e Auryn principais atractivos das Festas de Verán de Ribeira

    RIBEIRA> Esta mañá tiña lugar a presentación da programación oficial das Festas de Verán de Ribeira, que se celebrarán entre os días 30 de xullo e 2 de agosto. O tricampión do Mundo de Parataekwondo, Álex Vidal, será este ano o encargado de ler o pregón dos festexos, un evento que terá lugar o vindeiro mércores, 30 de xullo, ás nove e media da noite. Ademais, ese mesmo día, ás doce, actuará na Praza de España o grupo Auryn, un dos principais fenómenos musicais adolescentes do momento. Outro dos pratos fortes dos festexos será a actuación de Andy y Lucas, o sábado pola noite tamén na praza de España. Os grupos locais, tamén terá protagonismo, a través de varios concertos a cargo da banda Espazo en Branco, Queen McKuin, Quempallou ou La Banda del Camión.