RIANXO> A vixésimo cuarta edición da Festa da Xouba congregou este sábado en Rianxo a milleiros de visitantes que se achegaron a desfrutar dunha xornada de troula, e por suposto, a degustar o peixe máis representativo da vila mariñeira. A xouba, era ao que este sábado arrecendía Rianxo. E para saboreala no día da súa exaltación houbo quen tivo que facer longas colas. E é que poucos se perderon esta exaltación, que organiza a Asociación Rianxeira de Empresarios, e que este ano, para facer que coincidise coa fin de semana, celebrouse no día 23, sábado, en non no 25, como era o habitual. Pero non só xoubas degustaron os centos de persoas que visitaron a vila rianxeira este sábado. Empanada de millo, cachelos, pementos de Padrón e mexillóns completaron a oferta gastronómica desta festa. Produtos da ría, e de calidade, non faltaron. Pero tampouco o fixo a música. Os veciños acompañaron aos músicos no pasarrúas que levou á protagonista, a xouba, desde o peirao ata o Campo de Arriba, onde tivo lugar a degustación. A homenaxeada puido probarse de dous xeitos distintos: fritida, como é máis habitual, ou en empanada de millo. Gozaron deste exquisito manxar tanto maiores coma pequenos. Estes últimos desfrutaron tamén dunha xornada de inchables. A sobremesa musical púxoa xa á noite o artista Roi Casal. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/26/festa_exaltacion_xouba_rianxo260720161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/26/festa_exaltacion_xouba_rianxo26072016.mp4{/flowplayer}
Inicio Barbanza - Muros - Noia








