O BNG de Boiro rexeita o ofrecemento e non formará parte do goberno a tres

BOIRO> Os nacionalistas din tomar esta decisión por coherencia e principios, atendendo a un acordo unánime da propia asemblea local. Néganse tamén a formar goberno con persoas que ata hai pouco negociaban unha moción de censura que lle dera de novo a alcaldía ó PP.

Os dous edís cos que conta o BNG na corporación municipal, Raquel Suárez e Carlos Ansoar, compareceron esta mañá para explicar as razóns que os levaron a tomar a decisión de rexeitar o ofrecemento e non formar parte do novo goberno.

Segundo eles para contribuír á gobernabilidade do Concello, tampouco é preciso ser parte del.

Outra das súas razóns para alonxarse dese acordo a tres, responde precisamente á negativa de formar goberno con persoas que ata hai pouco negociaban unha moción de censura que lle dera de novo a alcaldía ó PP.

O posicionamento do BNG tampouco variará a partir de agora, coma non o fixo no que vai de mandato, mantendo o seu apoio en cuestións puntuais que redunden nos intereses xerais do Concello.