Un incendio deixa sen fogar a un veciño de Escarabote

    BOIRO> Un incendio arrasou a vivenda dun boirense de 49 anos, un pequeno inmoble de planta baixa ubicado no lugar de Escarabotiño. Non houbo que lamentar feridos, pero a casa quedou reducida a cinzas. Descoñécense de momento as causas do lume. Nin sequera o propietario puido explicar cal foi a orixe das lapas que devastaron esta casa situada ao pe da estrada comarcal que une Boiro coa Pobra. Debido ao estado no que quedou o interior da vivenda tralo lume, os bombeiros tampouco poden determinalo. Xa antes de que chegaran os bombeiros, os veciños das casas máis próximas, axudaron como puideron a evitar que o lume se propagase ás outras viviendas. Os veciños do Escarabotiño, esta mañá, aínda tiñan o susto no corpo. Non foi o único que ardeu onte no Barbanza, pero desta volta debido a lumes forestais. Unhas 25 hectáreas foron arrasadas entre dous incencios declarados onte á tarde en Asados, Rianxo, e na parroquia boirense de Lampón. Nos dous casos o lume foi estabilizado e controlado ás poucas horas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/01/incendio_escarabote020820161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/01/incendio_escarabote02082016.mp4{/flowplayer}