A Fundación Iberdrola financiará un proxecto de inserción laboral en Amicos

BOIRO> O acto de sinatura convenio escenificou esta mañá o acordo entre Iberdrola e a asociación Amicos  para formar a un total de 35 alumnos con discapacidade de cara a acadar a súa inserción laboral. Durante os próximos 12 meses, 35 alumnos con discapacidade de Amicos formaranse para conseguir un puesto de traballo. Farano grazas ó acordo asinado por Amicos e a fundación Iberdrola, para a que esta última aportará 40 mil euros. Alberto García Casas, da Fundación Iberdrola, explicou que recibiron un total de 250 solicitudes das que só 35 puideron ser os proxectos seleccionados. O proxecto iniciouse en xaneiro e prolongarase ó longo deste 2018. Terá tres áreas: formar ós alumnos para realizar un traballo; visitar empresas e convencer ós empresarios de que estes rapaces son totalmente capaces e válidos laboralmente e por último realizar un seguimento de como lles vai xa no seu posto laboral. A día de hoy ya hay dos compañeros que van a comenzar a trabajar en breve.