Veciños de S.Miguel de Deiro denuncian a alta sinistralidade na PO-307

    duran_130608.jpgVILANOVA > O concello de Vilanova  amosou hoxe o seu apoio a un grupo de veciños de San Miguel de Deiro e Caleiro que denunciaron

    a situación irregular de tráfico que se produce nos cruces do lugar da Pantrigueira-Caleiro e San Roque coa estrada PO-307 que rexistraron moitos accidentes, o último acontecido foi de carácter grave. Os veciños realizaron unha queixa formal apoiada por 145 sinaturas que o concello remitiu a Política Territorial.

    Non é a primeira vez que o concello de Vilanova advirte a ACOTOP do alto índice de sinistralidade que rexistra a PO-307 nos cruces da Pantrigueira- Caleiro e San Roque na parroquia vilanovesa de San Miguel de Deiro.Tralo último accidente de tráfico os veciños decidiron recoller sinaturas para elaborar unha queixa conxunta onde se plasman as reivindicacións dos veciños para regula-lo tráfico.

    Unha desas medidas limitar a velocidade de 100 a 60 km por hora. Durán critica duramente ó goberno autonómico por non atender as advertencias do concello sobre o alto perigo dos cruces nesta estrada de competencia autonómica

    O alcalde de Vilanova tamén se pronunciou sobre o conflito da folga dos transportistas e pescadores. Criticou a mala xestión do goberno , mesmo salientou que si o executivo non é quen de resolve-la situación, é mellor que abandone o seu cargo.

    Gonzalo Durán tamén anunciou que si Política Territorial non atende as reivindicacións dos veciños, comezarán a mobilizarse.

     

    Redacción Salnés