A alcaldesa acepta oito alegacións da oposición ó regulamento dos plenos

    catalina_glez100.jpgSANXENXO> A corporación volve a debater o vindeiro martes o Regulamento Orgánico Municipal, logo do período de alegacións …

    {flowplayer}images/salnes/regulamento_sanxenxo.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> A corporación de Sanxenxo volve a debater o vindeiro martes o Regulamento Orgánico Municipal, logo do período de alegacións presentadas polos grupos da oposición e polos veciños. Oito delas serán incorporadas ó texto final.

    A petición do BNG establecerase unha duración máxima de cinco horas para os plenos e aumentarase o número total de preguntas e rogos a 4 por sesión, en vez das 3 que figuraban no texto inicial. A alcaldesa tamén aceptou a cualificación de órgano deliberante á xunta de portavoces, que poderá propor distincións honoríficas. Outra emenda do BNG incluirá a facultade da alcaldía de variar a convocatoria dos plenos ordinarios por causas extraordinarias e xustificadas.

    Ó grupo municipal socialista aceptáronselle tres emendas, relativas a cuestións de trámite e funcionamento. Incorporarase a súa idea de que os edís expulsados dos seus grupos pasen directamente a ser concelleiros non adscritos. Tamén se permitirá ós grupos o iso de estancias municipais.

    A alcaldesa desestimou as alegacións de VIPS e dúas de veciños particulares. O Goberno Local espera que ter un amplo consenso para aprobar definitivamente o regulamento.

    Redacción Salnés