GALICIA> Hoxe cúmprese un ano do accidente ferroviario de Santiago de Compostela que truncou 79 vidas e deixou rotas a outras tantas familias. <hr id=”system-readmore” />
Santiago preparábase para celebrar o día grande das festas do Apóstolo, cando un Alvia procedente de Madrid descarrilaba na curva da Grandeira deixando tras de si a 79 falecidos e a máis dun centenar de feridos. Hoxe cúmprese un ano destas impactantes imaxes que deixaron a medio mundo consternado e a súa investigación aínda continúa en punto morto para desesperación dos afectados. O exceso de velocidade sumado á distracción do maquinista tras contestar unha chamada telefónica foron as primeiras causas apuntadas, non obstante pronto se atoparon deficiencias nos sistemas de seguridade das vías e foron imputados once cargos da excúpula de ADIF ós que se lle acusa un delito contra a seguridade colectiva e de ser partícipes en homicidios e lesións. Nestes intres, a Audiencia Provincial de A Coruña debe resolver os recursos contra as imputacións destes altos cargos. De ser exonerados, o maquinista quedaría novamente como único imputado. Precisamente hoxe saíu a luz na Voz de Galicia, unha carta de Francisco José Garzón, o condutor do tren sinistrado, na cal pide perdón ás vítimas e ás súas familias despois de 12 meses nos cales estivo alonxado da vida pública. Nas mesmas liñas afirma sentirse roto polas consecuencias deste fatídico accidente.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/24/recordatoriopezaangrois2407141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/24/recordatoriopezaangrois240714.mp4{/flowplayer}