A familia Quer cre que hoxe se desmontou a coartada do Chicle do roubo de gasóil

SANTIAGO> Hoxe volveron presenciar as declaracións das testemuñas tanto o pai como a irmá de Diana. Precisamente, Valeria Quer abandoou a sala moi enfadada despois de escoitar como un dos feirantes cambiaba a súa versión: mentres ante a Garda Civil asegurou que oíra unha discusión de parella, hoxe afirmou que non escoitou nada dende a súa caravana. A pesares deste cambio, tanto Juan Carlos Quer como o seu avogado amosáronse moi satisfeitos coa xornada de hoxe.