Os nacionalistas demandan a canalización do río Listres para acabar cos vertidos

    RIBEIRA> O BNG de Ribeira reclama no Concello a canalización do río Listres, na zona de Areeiros. Segundo os nacionalistas á existencia dun aliviadoiro procedente dun dos tanques de tormentas da EDAR está a provocar frecuentes verteduras que causan estancamentos de augas residuais, o que leva consigo malos olores na zona. O tratarse dunha zona afectada por Costas, para poder desenvolver a canalización do río Listres ata o mar sería necesario o correspondente permiso do dito organismo, dependente do ministerio de Medio Ambiente. De aí que os nacionalistas insten ó Concello a solicitar esta actuación. Con ela poríase fin ós problemas de estancamento de augas residuais e tamén de malos olores na zona, xa que o caudal do río é tamén escaso durante boa parte do ano.