O BNG de Rianxo califica de ‘caos’ a situación urbanística

    caosurbanistico_100_260208.jpgRIANXO > O BNG de Rianxo denunciou publicamente o que, ó seu xuízo, é unha caótica xestión urbanística por parte do executivo local.

    {flowplayer}barbanza/caosurbanistico.flv{/flowplayer}

    Segundo os membros do BNG os veciños de Rianxo levan anos padecendo esta situación, sen que o executivo local faga nada por remedialo. Así falan do retraso na elaboración do PXOM, un documento para eles vital para a ordenación urbanística e o conseguinte desenvolvemento económico do municipio.

    Para os nacionalistas rianxeiros son moitos os exemplos que veñen a amosar esa mala xestión en materia de urbanismo. Un dos últimos casos, se cadra o máis sangrante, fai relación coa licenza municipal concedida a un taller de pedra construído en solo rústico e que o TSXG vén de obrigar a derrubar ó concello, poñendo en perigo os postos de traballo dunhas dezaseis persoas.

    Segundo eles este caso non é o único existinto outros escándalos como e o caso do edificio Virxe da Guadalupe ou Os Pinos, así como tamén o Hostal Punta Palleiro.

    Redacción Barbanza