O BNG de Muros-Noia presenta emendas ós orzamentos por valor de 1’7 millóns

NOIA> O BNG de Muros-Noia reclama máis investimentos da Xunta na comarca. A través do seu grupo parlamentario presentará varias emendas ós orzamentos autonómicos do ano que vén por valor de 1’7 millóns de euros. entre as propostas plantexadas figuran a rehabilitación do Cine París en Muros ou a construción de escolas infantís en Outes e Noia.

O BNG de Muros-Noia presentará un total de catro emendas ós orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2019. No seu total as propostas plantexadas suman 1’7 millóns de euros. unha cantidade que consideran insignificante se se ten en conta o millón de euros que o Goberno Galego pretende investir na mellora da iluminación da Ponte sobre a Ría.

Entre as propostas figuran a rehabilitación do Cine París en Muros por valor duns 300 mil euros. Tamén piden a construción de escolas infantís en Noia e Outes.

E tamén a rexeneración dos bancos marisqueiros da Ría para a que solicitan unha partida de un millón de euros, un dos principais piares da economía desta comarca.