Conclúe con éxito a primeira feira labrega do Barbanza

    RIBEIRA> Visto o resultado, a organización pensa desenvolver outra proximamente.

    Desde que a feira abriu as súas portas, o sábado ás 10 da mañá, foi constante a chegada de veciños e visitantes ata a praza do Rueiro, en Ribeira. Amenizados por un soleado día que convidaba a pasear, máis de vinte postos ofreceron os mellores produtos das nosas hortas, artesanía ou infusións. Os dous stands que ofrecían comida esgotaron coas súas existencias. Unha delas era de hamburguesas ecolóxicas e a outra de paella, que se repartiu en 105 racións. Os comerciantes quedaron amplamente satisfeitos, xa que as ventas foron realmente boas e o entorno estivo animado en todo momento. Por este motivo, desde Foros Ecolóxicos do Barbanza queren repetir outra feira semellante e transmitir a veciñanza a importancia de consumir produtos ecolóxicos ademais de impulsar o comercio local.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/28/feiralabregabarbanza2807141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/28/feiralabregabarbanza280714.mp4{/flowplayer}