Os salóns de beleza intentan recobrar a ‘normalidade’

BOIRO> Achegámonos hoxe ó centro de estética e perruquería Beauty & Sol para coñecer como levan esta reapertura, despois de dous meses de peche obrigado. O feito de ter un contacto físico moi directo cos seus clientes obrigounos a ter que extremar as medidas de protección.

Despois de dous meses pechados, Rocío, a xerente de Beauty & Sol, recoñecía a súa ledicia pola reapertura do negocio..

Para poder abrir o seu salón tivo que realizar tamén cambios no local, extremando as medidas de protección, adaptándoo ás normas impostas polo Goberno para a desescalada e así mellorar a seguridade tanto de clientes como de empregados.

O teléfono estes días non para, xa que son moitos os clientes que chaman para pedir cita…e arranxar algún que outro desaguisado.

Aínda que recoñecía que as perdas son importantes, móstrase confiada en poder recuperarse, xa que a maioría dos seus clientes son fixos.

Sen parar de atender o seu negocio, pide paciencia ó seus clientes ós que agarda poder satisfacer nas próximas semanas, como o veu facendo ata o peche obrigado do negocio a consecuencia do xa tan ‘repetido’ coronavirus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí