A veda do lirio e a pescada pon en xaque o sector pesqueiro

    vedaliriopescada_100.jpgRIBEIRA> Calcúlase que un milleiro de embarcacións pertencentes a flota de artes menores e arrastre quedarán afectadas pola medida en Galicia.

    Nas comarcas de Muros-Noia e a Barbanza os portos máis afectados serán os de Fisterra, Muros e Ribeira. 

    {flowplayer}barbanza/vedapescadalirio.flv{/flowplayer}

    O porto de Ribeira acolleu con resignación e sorpresa o paro do lirio. Dende o sector mostraron a súa preocupación perante este medida, que aseguran, será determinante para rematar por desmantelar a flota do arrastre na comarca. Tamén a flota de artes menores terá que deixar de traballar na pesqueira da pescada, xa que se iniciou unha parada biolóxica que durará ata o vindeiro dez de agosto.

    Os portos máis afectados os da Costa da Morte. Dende a Asociación de artes menores de Galicia, Asoar-Armega, xa anuncian mobilizacións, xa que a pescada e unha das poucas alternativas de traballo na actualidade, o estar prohibido pescar xarda. A isto súmase a previsión de veda do polbo dentro de dúas semanas.

    Dende a Consellería do Mar, a súa titular Rosa Quintana cualificou as vedas como unha “mala noticia” .Calcúlase que un milleiro de embarcacións pertencentes a flota de artes menores e arrastre quedarán afectadas pola medida en todo o litoral galego.