Domènec Biosca preside unha xuntanza da FEB

    POBRA> Contou con gran representación municipal e patronal.

    A Terraza do Chicolino acolleu un foro de debate sobre materia turística, centrado no potencial das comarcas de Barbanza Sar e Muros-Noia, e nas súas posibilidades de desenvolvemento de cara ó futuro. Esta xuntanza tivo unha gran concorrencia con representación de practicamente tódolos municipios. Acudiron os alcaldes da Pobra do Caramiñal, Rianxo, Boiro e Lousame, os tenentes de alcalde de Ribeira e Mazaricos e numerosos membros das patronais que compoñen a Federación de Empresarios do Barbanza. O acto tivo o prestixio de contar co galardoado profesor de xestión turística, Domènec Biosca, quen guiou a tódolos presentes neste ámbito evidenciando a súa preparación e amplos coñecementos na área turística. Desde a Federación fíxoselle entrega dun pequeno obsequio para agradecer a colaboración que está a ter coa comarca nos últimos tempos.