A nova biblioteca de Ribeira triplicará a superficie da actual

RIBEIRA> O concello de Ribeira sacou a licitación a reforma da Casa Gran Sol para convertela na biblioteca de Ribeira. Trátase dun investimento de 1’3 millóns de euros que triplicará a actual superficie da instalación.

Unha biblioteca moderna, ampla e eficiente. Este é o obxectivo que busca o concello de Ribeira coa reforma e ampliación da Casa Gran Sol ó tempo que se recupera unha zona degradada. Ademais da dotación dun novo andar ó actual edificio de dúas plantas, o proxecto contempla a construción doutro edificio de similar volume, estética e características. Na zona exterior acondicionarase un patio axardinado de 200 metros cadrados que permitirá a realización de actividades ó aire libre.

Unha vez finalizada e posta en servizo o novo inmoble, a actual biblioteca que se sitúa na rúa Manuel Lustras Rivas converterase na Fundación Ayaso.

O prazo de execución da futura biblioteca é de  24 meses. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen de prazo ata o 15 de marzo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí