Denuncian o voceiro de PBBI por realizar test de antíxenos e certificados covid antes do permitido

RIBEIRA> O Partido Popular denuncia ó voceiro do PBBI, Vicente Mariño de Bricio, por realizar durante a fin de semana, na súa farmacia, test de antíxenos e emitir certificados de negatividade de covid para poder acceder ó interior dos locais.

Os populares sinalan que incumpriu a legalidade, xa que o convenio asinado pola Xunta co Colexio de Farmacéuticos de Galicia terá validez a partir de mañá xoves. Os populares considérano un feito grave, polo que lle piden que dea as explicacións oportunas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí