A remodelación de Vista Alegre iniciarase xa no mes de xuño

     BOIRO> O executivo destinará uns 250 mil euros dos presupostos deste ano para a instalación de céspede artificial e a construción dun graderío cuberto.

    {flowplayer}barbanza/proxectoremodelacionvistaalegre.flv{/flowplayer}

    O alcalde e o tenente de alcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste e Fernando García, respectivamente, achegáronse ata as instalacións deportivas de Vista Alegre. Xunto a eles o xefe do servizo provincial da Secretaría Xeral para o Deporte, Roberto García. O motivo da visita non era outro que avanzar no proxecto que pretende desenvolver o concello de dotar de céspede artificial ó actual campo de herba natural, para o que xa hai consignada unha partida presupostaria nos orzamentos municipais deste ano de aproximadamente 250 mil euros. A actuación incluiría tamén a construción dunha grada cuberta, outra das eivas existentes nas instalacións.

    Inicio inmediato

    A actuación está previsto iniciala a maior brevidade de tempo posible, seguramente no mes de xuño.

    Actuación prirotaria

    Dende a Xunta consideran a actuación coma unha prioridade, debido ás actuais necesidades dos distintos clubs de fútbol que practican este deporte no municipio. De aí o seu compromiso de apoiar na medida do posible este proxecto.

    Redacción Barbanza