Os nenos da Pobra falarán cos Reis Magos por videoconferencia

A POBRA> O endurecemento das restricións na Pobra levou ó concello a suspender a recepción dos Reis Magos prevista par ao 5 de xaneiro. No seu lugar, optarán por alternativas telemáticas como as videochamadas que as súas maxestades realizarán ós nenos do municipio.

Aínda que non se poderá celebrar a recepción de Reis tal e como estaba prevista, os nenos da Pobra non quedarán sen ver ós Magos de Oriente. Terán a oportunidade de falar con eles a través de videochamada. Para facelo deberán rexistrase na web apobrasegura.org antes de 3 de xaneiro.

Esta non é a única iniciativa deseñada polo concello pobrense para celebrar este Nadal atípico. Co obxectivo de despedir o ano todos xuntos, o departamento de Servizos Sociais lanzou unha campaña animando ós veciños a subir vídeos e fotos nas redes sociais felicitando o ano, acompañadas do cancelo #APOLO21.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí