A Pobra destinará 500 mil euros a axudar a pemes afectadas durante a pandemia

POBRA> O executivo local destinará 500 mil euros a axudar a aquelas pequenas empresas do municipio máis afectadas durante a pandemia. A achega inclúese no Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, dentro do denominado PEL Reactiva.

A corporación municipal aprobou por unanimidade no último pleno unha liña de subvencións dirixida a autónomos e pequenas empresas, de ata un máximo de nove traballadores, co fin de paliar a crise xerada pola chegada da covid.

A axuda intégrase no Plan de Emprego Local da Deputación de A Coruña, dentro do denominado PEL Reactiva. O executivo pobrense quixo acollerse á liña de axudas que formulou o organismo provincial, aínda que decidiu incrementar significativamente a partida a que o Concello estaba obrigado a facer, chegando con fondos propios ata os 500 mil euros.

Pero, quen ten dereito a este tipo de axudas?

Os prazos de solicitude deberán agardar polo de agora. Unha vez aprobada a liña de axudas por parte da institución provincial, o Concello estará en condicións de anunciar a convocatoria para que aquelas microempresas e autónomos do municipio que o desexen poidan beneficiarse destas axudas.

De quedar algunha empresa fóra desta convocatoria, o Concello non descarta sacar unha nova liña de axudas e tratar de darlle resposta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí