A reforma do Cine París será unha realidade a partir de 2018

mUROS> A actuación é unha das obras estrela do Plan Único da Deputación da Coruña. Dos 670 mil euros que lle corresponden ó concello muradán con cargo ó Plan Único do organismo provincial, preto de 300 serán destinados á primeira fase das obras de rehabilitación do Cine París. O acordo producíase na última sesión plenaria, grazas ós votos a favor do equipo de goberno e do BNG e as abstencións do PP e Partido Socialista. Un xesto que agradeceu tamén a alcaldesa, ó tratarse dunha obra amplamente demandada e que agora será en breve unha realidade. A rexedora confía en que a primeira fase da actuación sexa licitada xa durante o vindeiro ano 2018, despois de obter o respaldo da corporación provincial.