O parataekwondista Alex Vidal pregoeiro das festas do verán

    RIBEIRA> O parataekwondista, Alex Vidal, triple campión mundial, foi o encargado este ano de dar o pistoletazo de saída ás festas do verán dende o balcón da casa consistorial. Despois do pregón tiña lugar na praza de España un dos actos máis agardados, o concerto do fenómeno adolescente Auryn. O calendario de actos festivos de mañá contará cun concerto da Banda de Música Municipal de Lousame na praza da Igrexa ás dez e media. posteriormente ás once desenvolverase unha festa infantil na praza do Concello que incluirá xogos, inchables e lambetadas. Os espectáculos da noite terán lugar no paseo do Malecón coa actuación da orquestra Passarela, na praza de españa co concerto de La Banda del Camión e, finalmente, no parque García Bayón coa Orquestra D’Moda